É certo que si fumas e bebes moita auga se che limpan os pulmóns?

09-05-2012

Non existe ningunha evidencia científica que indique que a auga (nin o exercicio físico) limpe os pulmóns das diferentes substancias tóxicas que contén o tabaco (nicotina, irritantes, monóxido de carbono e alcatráns). Cando inhalamos o fume do tabaco pasa do torrente sanguíneo o sistema respiratorio, entre outros, e adhírese os cilios pulmonares.

Do que si existe evidencia e que cando deixamos de fumar é importante beber auga con zume de limón, debido a que a vitamina C que este contén axuda desintoxicar o noso organismo dos produtos químicos nocivos.

Información sobre os efectos do tabaco no organismo:

Una axeitada hidratación resulta esencial para la vida. Sen auga, apenas poderíamos sobrevivir uns días. En determinadas situacións, beber adecuadamente adquire unha especial relevancia: olas de calor, diarreas e vómitos, problemas respiratorios de vías baixas (bronquiolitis, neumonias, ...) , nenos/as, anciáns, deportistas....

Os cigarros conteñen nicotina –responsable da dependencia-, monóxido de carbono, que produce dano cardiovascular, e alcatrán, asociado ao cancro de pulmón. Ademais téñense teñen identificadas máis de 4000 substancias, algunhas delas moi tóxicas e canceríxenas, entre as que descatan:

  1. Amoníaco: Limpiacristais
  2. Fósforo: Matarratas
  3. Xileno: Rotuladores
  4. Cadmio: Pilas, baterías dos coches
  5. Arsénico: Mataformigas
  6. Chumbo: Tinte de pelo
  7. Acetona: Quitaesmaltes
  8. Butano: Acendedor
  9. Turpentina: Augarrás
  10. Metopreno: Matapulga
  11. Formaldehido: Conservador de cadáveres
  12. Monóxido de carbono: Fume do tubo de escape dos coches
  13. e un longo etc ...

Os danos que produce o tabaco no noso organismo non son inmediatos, va pouco a pouco danando os pulmóns, o corazón.... e teñen que pasar varios anos (15 – 20) para que comecen a aparecer os síntomas.

A nivel pulmonar produce que os cilios bronquiais vaian perdendo a súa movilidade o que facilita que se vaian depositando o alcatrán, a mucosidade... Nos procesos respiratorios beber auga axuda a fluidificar a mucosidade y facilita a expectoración. Pero NUNCA evita os danos do tabaco.

Recomendacións:

- Bebe frecuentemente agua o líquidos sin esperar a tener sede.

- Evita as bebidas alcohólicas, as moi azucradas, ou excitantes (café, té...).

- E por suposto non fumes, nin estras en lugares con fume do tabaco.

 

 

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.