duda imprtante

Hola María son a do outro día a rapaza que toma as anticonceptivas e a que lle veu a regra antes de empezar a tomar as brancas,o meu problema ahora e que non me ven e so me faltan tres para acabar con elas.Eu mantiven relacions co meu mozo pero nunca nos rompeu o preservativo nin nunca o fixemos sin el.Pode ser que teña una irregularidade si tomar as pastillas?

09-04-2015

Ola , antes de nada debes ter en conta que a menstruación é un ciclo máis ou menos regular, os ciclos menstruais non son sempre iguais. Cada muller ten o seu “propio” ciclo menstrual; pode variar de 24 a 32 días. Cando hai unha variación na duración do ciclo dunha muller, por ex. un ciclo de 24 días seguido doutro de 35, considérase que estes ciclos son “irregulares”.

E recalco no de máis ou menos regular porque non tódalas mulleres o teñen regular (de aí que en moitas ocasións se administre a toma dos anticonceptivos para poder regular os ciclos).

Por outra banda non sabemos si xa levas moito tempo ou non tomando esta pílula, xa que o corpo necesita dun tempo de adaptación a esa administración de hormonas que lle estamos proporcionando. Polo que é normal que inicialmente se presenten certas irregularidades no ciclo, (que non sei si é o caso, xa que non nos dis canto tempo levas con elas).

Ademais, debes ter en conta que neste caso o teu ciclo menstrual deste mes adiantouse, xa que che veu a regra antes de empezar cas pílulas brancas, polo tanto é normal que non che viñera aínda, xa que dende o primeiro día da menstruación vólvese iniciar o ciclo de novo, é dicir o primeiro día da regra e o primeiro día do ciclo e teñen que pasar de novo os 24 días do ciclo restante.

De tódolos xeitos, se continuas con esas irregularidades non dubides en facela consulta do problema cun especialista, para que determine a causa deses desarreglos.

Agradamos que a resposta axudase a resolver as túas dúbidas, de non ser así non dubides en volver a poñerte en contacto con nós.

Grazas.