Dúbida

Hola María, resulta que teño inflamacion interna na vaxina e deronme un óvulo, pero resulta que eu tomo a píldora diaria, e o que queria saber era que si o óvulo me pode afectar na afecicacia da píldora.

Grazas pola túa axuda

09-01-2016

Non todos os medicamentos interfiren ca eficacia da píldora anticonceptiva polo que deberías ler o prospecto do medicamento en cuestión ou preguntarllo o medico/a que che receitou o medicamento. De feito, é recomendable que cando se estea tomando a píldora diaria se pregunte sempre por interacións con medicamentos no momento que chos receitan.

A modo informativo algúns antimicrobianos tales como rifapampicina ou antifúnxicos como a griseofulvina, o ketonazol, o fluconazol, … poden diminuír a eficacia da píldora anticonceptica.

Como regra xeral se se toman medicamentos que poden interaccionar ca píldora ó mesmo tempo que esta é boa idea usar un método adicional para previr un embrazo non desexado, como usar un condón. E debido a que os medicamentos poden permanecer no sistema por un tempo logo de que a persoa deixa de tomalos, e importante seguir usando un método de respaldo polo menos durante unha semana logo de deixar de tomar os antibióticos.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.