Importante

Ola María, son a que che comentei que estou na semana de descanso e non me baixara a regra, fixen unha proba de embarazo da marca Letifem e doume negativo. Mañá acabo a semana de descanso e empezo a pastilla o sábado.

08-10-2015

Mirando na páxina da marca que mencionas indica que o test ten unha alta sensibilidade, xa que é moi sensible e con gran calidade á hora de detectar a denominada hormona do embarazo. Así que non tes motivos para estar preocupada. De todos os xeitos, se segues preocupada por que “non te fías” da proba por que pensas que pode ser un falso negativo, podes repetila para a semana e así quedar completamente segura é tranquila, aínda que non é necesario.

Segue tomando a píldora normalmente, e estate a atenta no próximo ciclo menstrual por se non che volve a baixar a regra, por que pode ser que sexas moi sensible ós estróxenos da píldora o que fai que non teñas sangrado na semana de descanso. Como xa che comentei , isto é perfectamente e pásalle a algunhas mulleres, pero se é un tema que che inquieta podes acudir o teu medico/a a facer unha revisión.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.