¿Dende este centro danse subvencións para financiar algun proxecto con drogodependentes? e sendo así, cales serían os requisitos que terían que cumplir?

08-07-2013

Dende a nosa Asociación non subvencionamos proxectos de ningún tipo. Os proxectos que levamos a cabo entran na carteira de servizos da Consellería de Sanidade. Esta última é unha das nosas principais fontes de financiamento, xunto con outras administracións públicas, ademais de cotas de socios/as e doazóns.

Deberías acudir a outro tipo de entidade á que lle poida intesar o teu proxecto na que poidas levalo a cabo.

A Asociación Antidroga Renacer somos unha entidade sen ánimo de lucro e o noso principal obxectivo é informar e sensibilizar á sociedade ante o problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia. Para o que desenvolvemos diferentes programas dirixidos á promoción de hábitos saudables, especialmente encamiñados á prevención das drogodependencias e do VIH-SIDA nos ámbitos escolar, familiar e comunitario.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.