Ovulacion

Boas, quero deixar as anticonceptivas para poder quedar embarazada, enton vou acabar o blister e xa non vou tomalas mais, queria saber se despois da regra podo ovular, e como sei que estou ovulando, gustariame poder quedar este mes xa, grazas!

08-04-2019

Antes de nada desculpas pola tardanza.

Senón tes problemas de saúde subxacentes, podes comezar a ovular no mes seguinte ou tamén pode ocorrer que os ciclos mentruais tarden un pouco en normalizarse. Isto pode deberse a que píldora contén hormonas, que son as que impiden que os ovarios desprendan un óvulo cada mes, e polo tanto o embarazo e o deixar de tomalas algunhas mulleres necesitan un tempo para que as menstruacións volvan a normalidade.

Así que se queres quedarte embarazada, e unha vez que remates a caixa, espera a que che baixe a regra e calcula o teu ciclo menstrual de 3 a 6 meses e cando o teñas claro, calcula cando terás a túa semana fértil (do día 14 ao 16 nos ciclos regulares de 28 días), para manter relacións sexuais sen protección e tentar fecundar o óvulo. Non teñas présa en conseguilo, cando menos o esperes chegará.

Se queres predicir o día da ovulación podes empregar algúns dos seguintes consellos e así poder empezar a planear o teu embarazo:

- Utiliza un termómetro para controlar a túa temperatura do corpo e así poder crear unha táboa de temperaturas. Os días que a temperatura sobe lixeiramente pode ser que esteas ovulando, pero este método é complicado que sexa certeiro porque hai moitos factores que poden facer que varíe como enfermidades, calor corporal, tensión, etc.

- Fíxate cando tes moco cervical na túa roupa interior. Normalmente cando o fluxo vaxinal ten unha cor esbrancuxada e mesmo un pouco amarelado, coma se fose clara de ovo, pode ser sinal de que estás ovulando nese momento e por tanto es fértil.

- Podes utilizar un produto para predicir os teus días fértiles, por exemplo o Clearblue, que o venden no mercado actual e pódeche axudar mediante análise de ouriños a saber se estás ou non nos teus días fértiles.

Se despois dun tempo empezas a ver que a túa menstruación non regresa, ou segue sendo demasiado irregular (tarda varios meses en regresar) pode ser sinal que non comezaches a ovular de forma regular e por iso non te quedas embarazada. Se te sentes moi preocupada podes consultar co teu médico para que che dea instrucións máis específicas segundo sexa o teu caso concreto.