Consello

Estaría ben que cambiarades o voso proceder nesta páxina, pois e algo moi útil para todos os xóvenes que coma min temos tantas dúbidas. Unha das cousas que poderiades mellorar sería personalizar un pouco as respostas, explícome, mais que nada por evitar tanto corta pega na maioría das cuestións. Vale que moitas das preguntas teñen respostas comúns, pero esmerádevos un pouco, xa que parecen respostas feitas por un ordenador. Outra cousa tamén a mellorar sería o tempo que tardades en responder. Por exemplo, digamos que poñedes unha hora limite, por exemplo que todas as preguntas feitas antes das 6 se responderán nese dia o resto quedan po dia seguinte. Así conseguides so ter que mirar as preguntas a unha hora. Sinto si estes consellos lle molestan ou ofenden directamente a alguén pero solo o fago porque esta paxina podería ter moitísimo mais tirón entre nos si estivera mellor montada. Grazas

08-02-2016

Antes de nada dicir que para nada nos ofenden a túas críticas, todo o contrario xa que gústanos coñecer as opinión e valoracións entre os usuarios/as deste servizo para poder mellorar na medida que nos sexa posible. Planteasnos dúas cuestión. En primeiro lugar o tema da calidade das respostas. É verdade que empregan textos similares á hora de responder ás preguntas, xa que moitas veces as cuestións son iguais polo que se emprega a mesma resposta, iso si , adaptándoa as circunstancias das persoas polo que se modifican certas partes do texto pero non todo. Por exemplo, se a pregunta é en relación as probas de embarazo empregamos un mesmo texto á hora de explicar como funcionan e a súa eficacia, xa que é sempre igual, matizando en función do caso. Os motivos de facelo así son varios: se redactamos unha explicación que consideramos que explica ben un tema volvémola usar para non esquecernos de nada en relación a ese tema (ademais de responder a cuestión en si tamén tentamos dar máis información para seguir educando dende este ámbito) e por economía de tempo. Por desgraza, non sempre dispoñemos de tempo suficiente. De todos os xeitos, tentaremos personalizalas máis, xa que parece que ó empregar textos similares parece que non nos preocupan as cuestións que se nos plantean, e é todo o contrario. En segundo lugar, en relación os tempos de resposta tentamos responder na máxima brevidade que podemos. A asociación ten horario de mañá e se por exemplo a pregunta se fai pola tarde non a vemos ata o día seguinte e, ás veces, ó ter actividades fora da asociación non temos a posibilidade de conectarnos e pode ocorrer que se nos pase un día, por iso damos o prazo de 24-48 horas (sen contar festivos e fins de semana) e se o anterior ocorre soemos mirar nalgún momento da tarde se hai preguntas e se podemos contestámolas. Volvemos repetir, e non é escusa, tentamos ser rápidas pero o noso traballo non só é a web e ás veces non temos tempo. É para os casos máis urxentes tamén hai a posibilidade de chamarnos ou acudir ó noso local. Pero tamén dicir que tes razón no que dis, que este servizo podería funcionar mellor polo que estamos a darlle voltas e ver como facer para melloralo, de feito ó longo deste ano vaise renovar a web e o polo tanto este servizo. Moitas grazas pola túa valoración, e vamos tentar mellorar xa que a nosa intención é que este servizo sexa útil para vós, rápido e accesible.