Cal é a idade idónea ou recomendada para comezar a tomar a pastilla anticonceptiva?

08-01-2013

A pílula anticonceptiva é método baseado no uso de hormonas sexuais (estróxenos e/ou proxesterona). Estas hormonas poden actuar da seguinte maneira (dependendo de cada método):

- Impedindo que se desenvolva a ovulación na muller.

- Alterando o estado natural do cérvix e do endometrio, co obxectivo de impedir que se chegue a realizar a fecundación (no caso improbable de que houbese ovulación).

- Modificando o estado natural da vaxina, contribuíndo a que, no hipotético caso de que o anterior fallase, e o óvulo fose fecundado, non se desen na vaxina as condicións necesarias para que o óvulo implantar e dea lugar ao comezo dun embarazo.

A vía de administración é oral, unha pastilla cada día. Tamén existe a pílula combinada e a mini pílula ou pílula de proxestina.

Á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso, xa que existen varias combinacións hormonais e as vías de administración. Ademais:

- Non é recomendable que a utilicen mulleres que fuman, nin aquelas que teñan problemas circulatorios ou de fígado e outras en diversas circunstancias, polo que é básico o asesoramento profesional.

- Algúns medicamentos poden interferir no seu funcionamento, polo que se se van a tomar medicamentos, é fundamental informar á médica ou médico, para que teña en conta que se está utilizando anticoncepción hormonal.

En canto a idade para poder empregalos, segundo a Lei española sobre a autonomía do/a doente, 41 de 2002, estableceu un sistema de consentimento dos/as menores, cuxa aplicación depende do caso concreto.:

- Como regra xeral, se o/a menor é capaz de comprender, intelectual e emocionalmente o alcance da intervención, e el/a quen debe tomar a decisión autónomamente. Se o/a menor non conta con estas condicións o consentimento débeo proporcionar o representante legal. Despois de escoitar a súa opinión cando é maior de 12 anos.

- Se o/a menor ten máis de 16 anos ou está emancipado/a, non se pode prestar o consentimento por representación. Sen embargo se a intervención e de grave risco o/a profesional pode informar os pais/nais.

A toma da pílula anticonceptiva presenta vantaxes e desvantaxes. Entre as vantaxes da pílula están que regula o ciclo menstrual, pode diminuír as molestias menstruais e algunhas regulan os desamaños hormonais que poden facer, por exemplo, que aumente a lanuxe no corpo (pernas, brazos, cara...).Entre as desvantaxes: hai que lembrar tomala cada día, se esqueces unha toma, non é efectiva nese ciclo, se tes vómitos ou diarreas, antes das dúas horas posteriores á toma da pastilla, hai que repetila, porque poida que o corpo non a asimilara e pode ter efectos secundarios (consultar con profesionais).

Lembrar que a pílula anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, nunca de ITS e/ou VIH-SIDA.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.