Duda
Si na semana de descanso non manchas nada podes facer unha proba de embarazo? E si da negativo é fiable?
07-10-2015
Podes facer un test de embarazo, para estar máis tranquila, pero que non manches na semana de descanso non significa que esteas embarazada, senón que o ciclo menstrual pode verse modificado na cantidade, e mesmo pode chegar a desaparecer.
En canto a facer un test de embarazo, é fundamental escoller ben o día no que facer a proba, xa que a hormona do embarazo detéctase nos ouriños quince días despois da concepción e non antes. Se se realiza proba antes da data, é probable que o test dun falso negativo. Por tanto, debes esperar a ter un atraso de polo menos un día. Polo que se estás na semana de descanso podela facer.
Tamén hai que ter en conta a hora na que se realiza, xa que aínda que se poden facer a calquera hora do día recomendase facela á primeira hora da mañá para unha maior seguridade, xa que a esa hora a concentración da hormona é maior.
Se pensas, que poida ser un falso negativo podes repetila proba en cinco ou seis días, para estar máis segura.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.