Teño un fillo de 17 anos, fuma marihuana

O meu fillo fuma marihuana todo o día, eu creo que xa é adicto. Non fai caso de nada,e imposible facer que entre en razón, si lle falas do tema ponse agresivo, non podo con el. Que podo facer?

Un saudo...

07-05-2016

Antes de nada dicirche que podes acercarte polo local social da nosa asociación para falar más detidamente, xa que este medio é mais limitado e poderemos asesorarche mellor. Estamos na rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A, entreplanta, (ó lado de Portofer) en horario de 9:00 a 14:00 e/ou no teléfono 981 87 40 86. Por suposto, a atención é gratuíta e anónima.

De todos os xeitos, dicirche que non existe unha correcta e única de afrontar esta situación, xa que son moitos os factores que poden estar a influír e por esta vía non podemos coñecelos, pero si podemos ofrecerche é algúns consellos xerais para afrontar esta difícil situación.

Antes de nada, deberías eliminar, si existe, calquera sentimento de culpa, o feito de que o teu fillo estea a consumir non significa que sexas a responsable do mesmo nin que vos equivocaredes na súa educación. É necesario vexa en vós unha actitude de firmeza ante a situación e de busca de solucións, mostrando a vosa disposición a prestar apoio en todo momento. Tamén é importante que as vosas posturas como pais deben ir coordinadas en un mesmo sentido.

É importante que poñer en marcha unha serie de actitudes favorables á busca de solucións:

- Favorecer o acercamento, de xeito que nos vexa como alguén a quen recorrer en busca de axuda.

- Mostrar a afecto polo que o noso fillo é, non polo que fai.

- Dialogar co noso fillo analizando as circunstancias que lle levaron ó consumo.

- Reflexionar en común sobre as posibles formas de axuda.

- Entender que estamos ante un ser humano que ten problemas, non ante un "problema".

- Non se debe ceder as chantaxes emocionais.

E, tamén, evitar certas actitudes que poden ser desfavorables, xa que a reacción del nestes intres pode ser a que comentas e por que a vosa finalidade debe ser a de busca de solucións:

- Desesperase. Non sempre quen se inicia ou abusa das drogas se converte nun adicto.

- Culpalo, nin “votarlle á cara” todo o que fixeches por el. a

- Converterse en perseguidores, obsesionados por seguir os seus pasos.

- A crítica continua do seu comportamento.

- Acosalo continuamente con preguntas sospeitas, acusacións,... só conseguiremos que se afaste cada vez máis.

Lembra que non estás soa nesta situación, existen diversos profesionais que poden axudarvos, polo que volvemos repetir a nosa invitación a cercarte ó noso servizo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.