Dúbida

Ola María, son outra vez a do outro día que xa che comentei que tomo a píldora semanal. Eu teño medo a que por facelo co meu mozo sen preservativo pero non exaculou dentro, pero só tiña tomadas 3 e 4 pastillas por iso teño medo de que exista algunha probabilidade de embarazo. E que noto e que teño os peitos inchados e non sei si será un efecto das pastillas pero estoume rompendo moito a cabeza.

07-04-2014

Deberías tranquilizarte por que a pílula, como xa che comentei, é moi efectiva dende o inicio do tratamento (dende a primeira toma), sempre que se tome correctamente como foi no teu caso xa que a comezaches a tomar o primeiro día de regra. E senón houbo vómitos e/ou diarreas nas horas posteriores o teu organismo absorbeuna sen problema e, polo tanto, non existe risco de embarazo na situación que comentabas.

De todos os xeitos, existe una opción que che chama “Dobre método”, que consiste na combinación da toma da píldora co uso do preservativo. Podes facelo o primeiro mes de toma da pílula mentres non te acostumas a tomala e así, tamén, estarás máis tranquila.

En canto o que comentas dos senos, un dos efectos secundarios máis comúns e o aumento de sensibilidade excesiva nos senos (e tamén leve aumento do tamaño dos mesmos).. Outros efectos secundarios que se poden presentar son: sangrado menstrual irregular, náuseas, dolor de cabeza, mareos e cambios de humor. A maioría destes melloran pasados os primeiros meses. No caso de algún persistirá debese acudir ó médico/a para que valore a posibilidade de cambiar de marca de píldora.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.