María, se tomo pastillas anticonceptivas e sigo utilizando o condón e imposible quedar embarazada?

07-03-2016

Ningún método anticonceptivo pode garantir unha eficacia dun 100%, xa que os métodos contemplan unha marxe de erro por “problemas de fabricación” (eficacia teórica), polo que as porcentaxes de eficacia soen estar entre o 95% - 97%.

Empregar simultaneamente a píldora anticonceptiva e o preservativo é o que se denomina dobre método e recomendase para quenes non querer correr riscos, xa que así conseguimos a prevención dun embarazo non desexado (por unha dobre vía) e a protección fonte ó contaxio dunha ITS.

Polo que é recomendable que sigas empreguando ambos métodos para ter unha maior protección e se algún dos métodos falla (por exemplo: rotura preservativo, esquecemento dunha píldora,..) segues estando protexida polo outro método.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.