Cambio da hora da toma das pastillas anticonceptivas

Ola María, mira estou tomando Drosure diario e xa vou a rematar o blister, agora as pastillas estounas tomando todos os dias as 8 e media da mañá, como fago para poder tomalas ao mediodía?: Simplemente espero a comezar o novo blister e xa o empezo o novo a esa hora? Ou teño que tomalas apartir de agora a hora de sempre?

07-02-2013

Calquera das dúas opcións que comentas é válida, por que a diferenza horaria no cambio de toma é pequena. Xa que, por exemplo, se te esqueces dunha toma pódese tomar antes das 12 horas seguintes sen que exista diminución da protección fronte ó embarazo.

De todos os xeitos, sería recomendable que remataras o blister e cambiases a hora co novo, xa que, xeralmente, cando se quere cambiar un tratamento é recomendable rematar o anterior.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.