Duda

Se tomaches a pastilla ben e estas na semana de descanso e non manchas nada, significa que estás embarazada?

06-10-2015

Tes que ter en conta que un dos efectos secundarios da toma da píldora é que muda o ciclo menstrual, o fluxo menstrual pode mudar de aspecto e na cantidade, que soe ser menor e mesmo pode chegar a desaparecer.

Así que, se a tomaches de xeito correcto que non apareza non significa que esteas embarazada.

De todos os xeitos, se nos meses seguintes segues sen ter a regra poderías acudir ó teu médico/a a facer unha revisión.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.