¿Como podo facer para conseguir facerlle a un amigo unha análise de ouriños antidrogas?

Sospeito que o meu mozo consume varias drogas porque presenta varios síntomas delas. Quero saber como podo facerlle unha análise e asegurarme si as consume ou non.

06-09-2010

A análise máis sinxela para detectar consumo de sustancias-droga é unha simple mostra de ouriños. A recollida da mostra realizaríase nun pequeno colector que podes adquirir nunha farmacia e manteríase na neveira antes de proceder á súa análise.

Se o resultado é positivo debería ser contrastado para eliminar posibles erros producidos pola interacción con fármacos e medicamentos e o negativo con posibles deficiencias no procedemento de obtención e conservación da mostra de ouriños. Pero hai que ter en conta que despois dun tempo do último consumo non se detectan os restos das sustancias. Este período de tempo varía coa sustancia da que se trate, a cantidade consumida e a técnica utilizada.

Os resultados da analítica positivos só demostran que no período de tempo que a análise é eficaz houbo algún consumo, non achegando información algunha sobre as formas dese consumo, a súa frecuencia,.... Se o resultado é negativo, indica que non houbo un consumo nese período de tempo, pero non sabemos se o houbo antes ou o haberá máis adiante.

De todos os xeitos, no teu caso concreto comentas que observaches indicios que poden facerte sospeitar sobre posibles hábitos de consumo de drogas, pero debese ser moi cauteloso/a con etiquetar a alguén como drogodependente, xa que nos podemos equivocar. Xa que algunhas destas sinais poden ser tamén indicativas doutros problemas emocionais ou responder a situacións conflitivas polas que pasan as persoas sen que teñen que ver necesariamente cas drogas.

E tampouco podemos deducir que, unicamente pola existencia dalgún destes indicios, a persoa sexa un/a drogodependente; é necesaria a existencia conxunta de varios deles para que pidamos manter tal postura.

Para manexar ese temor que nos cometas que a túa parella poida estar consumindo drogas, aquí tes algúns consellos que poden servirche de axuda:

  • Non acusar a persoa dunha conduta cuxa veracidade ignorase e evitar reaccións esaxeradas.
  • Buscar un momento axeitado no que poidamos falar sen interrupcións.
  • Non abordar o tema no momento que estea baixo a influencia dalgunha sustancia.
  • Decidir cal será a nosa reacción se a persoa nos di que consome drogas.
  • Preguntarlle a súa opinión sobre as drogas, escóitao/a.
  • Se cremos que nos minte, non debemos enfadarnos, senón preguntarnos como resolver o conflito.
  • Deixar ben claro que o que nos preocupa e a súa saúde e benestar.
  • Solicita información veraz sobre as drogas.
  • Debemos asegurarnos que sabe que estamos para axudalo/a a superar calquera dificultade.
  • Deixar claro que actitudes consideramos aceptables e cales non toleraremos.
  • Consulta a un/a especialista.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.