Duda de pastillas

Ola María,fai tres semanas deixei de tomar a píldora diaria e aos dous días tiven un leve sangrado e ata aí ben. Onte tendo relacións co meu noivo rompeunos o preservativo, tan pronto como rompeu quitou o pena da vaxina e aínda non exaculara. A dúbida é se podo quedarme axiña embarazada. Xusto despois de que pasase fun a ouriñar e outra dúbida é se as pastillas seguen facendo efecto un período de tempo despois de deixalas. Grazas de antemán

06-03-2016

A píldora anticonceptiva só é eficaz cando se toma, non logo de deixala. Dende o primeiro ciclo despois de deixala xa é posible que e produza un embarazo.

Cando se deixa de tomar a píldora o nivel de hormonas constante (producido pola píldora) detense e o corpo empezará a crear de novo a propia produción de hormonas. Algunhas mulleres poden ovular á semana ou as dúas outras poden retrasarse ou non dependendo de se o ciclo era irregular ou regalar antes de comezar a tomar a píldora.

En canto o risco de embarazo é baixo xa que comentas que non houbo exaculación pero pode provir do liquido preseminal, que se segrega antes da exaculación e que pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que o seme. O risco tamén vai depender do momento do ciclo menstrual no que esteas, se estás ovulando ou non. Repito o risco é baixo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.