Exaculación precoz
Exaculación precoz
A que se debe a exaculación precoz?
Teño 19 años e parella estable e nunca me pasara antes, fai unha semana que pasa cada vez que o intentamos. A primeira vez que o intentamos non lle dimos importancia pero xaa..
A miña moza intenta relaxarme quitándolle importancia pero empézame a preocupar.
Como se soluciona?
06-03-2014
As causas que orixinan a exaculación varían segundo a persoa, sen embargo a maioría dos casos débense a factores psicolóxicos e emocionais, estímase que un 90 %. Hai casos onde é causada por algunha disfunción de carácter orgánico relacionado ca anatomía do home, pero son os menos frecuentes (10%).
Pola túa idade, a causa máis probable sexa a ansiedade e/ou demasiada estimulación. A práctica e a relaxación axudaranlle a manexar este problema.
Algúns consellos/ideas que vos poden axudar:
Algúns homes tentan distraerse con pensamentos que non teñen que ver co sexo para evitar excitarse demasiado rápido. Sen embargo, para outros é moi útil concentrarse nas sensacións que está experimentar durante a relación sexual, pensar na estimulación do pene e nas sensacións que isto lle provoca axúdalles a controlar a exaculación.
A posición coital, tamén, é unha parte moi importante da relación sexual e determinadas posicións poden favorecer o retraso na exaculación e estender o tempo previo ó orgasmo. Unha das posicións máis favorables é aquela na que o home se atopa debaixo da parella, esta postura posibilita ó home manter relacións máis duradeiras e relaxadas.
Os xogos previos, xa que son moi importantes dentro da relación de parella. A inexistencia deste tipo de actos pode ocasionar algún grado de precocidade na relación, isto non quere dicir que senón temos estes xogos previos vaiamos a ter exaculación precoz, sen embargo é importante incluílos antes da penetración.
A frecuencia nas relacións tamén pode influír. A falta de sexo pode derivar nunha perda temporal do control da exaculación, podéndose agravar co tempo e a falta de dedicación.
Outro aspecto importante que ten que ver ca exacular é a sensibilidade do glande, unha causa bastante frecuente da disfunción sexual ten a súa base na hipersensibilidade da cabeza do pene, o que ocasiona un exceso de excitación no home. O uso do preservativo diminúe esta sensibilidade facilitándolle ó control ó home.
Tamén existen algunhas técnicas útiles que se poden ensaiar:
- O método de "para e sigue": Esta técnica implica estimulación sexual até cando o home recoñeza que está a piques de chegar ao orgasmo. Suspéndese a estimulación durante aproximadamente trinta segundos e logo comézase de novo. Repítese este patrón até cando o home desexe exacular. A última vez continúase a estimulación até cando o home alcance o orgasmo.
- O método da "compresión": Esta técnica implica estimulación sexual até cando o home recoñeza que está a piques de exacular. Nese momento, o home ou a súa compañeira aperta suavemente o extremo do pene (onde o glande únese ao corpo do pene) durante varios segundos. Suspéndese a estimulación sexual durante aproximadamente 30 segundos e logo comézase de novo. A persoa ou a parella poden repetir este patrón até cando o home desexe exacular. A última vez continúase a estimulación até cando o home alcance o orgasmo.
Pero o máis importante de todo é que desfrutes na relación, independentemente de cal sexa o resultado final. Se estás demasiado pendente da erección e da exaculación e “esperando” que volva a pasar a túa excitación non será plena e a relación sexual non será todo o pracenteira que debería ser. Enfrontar a relación con medo ou inseguridade é destinarse a unha exaculación prematura. É importante que teñas confianza en ti mesmo e que vivas o sexo coma algo natural, sen restricións, algo co que desfrutar ca túa parella.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.