Duda
Ola María, perdón por ser tan pesada. O luns e o martes as manchas que tiven son producidos pola pastilla, verdade?. E que a min o da dor despois de facer pis apareceume o martes pola noite e onte todo o día e aínda sigue.
05-11-2015
Tranquila, non tes que desculparte por empregar este servizo, emprégao sempre que o necesites.
As manchas que tiveches son debidas á regra, como xa che comentei ca píldora o fluxo menstrual diminúe e muda de aspecto, polo que ás veces redúcese a unhas manchas marróns ou pode non aparecer, como xa ce ocorreu en outras ocasións.
En canto, a dor é probable que sexa unha infección de ouriños (pode ser, non é un diagnóstico) que en ocasións pode coincidir no tempo ca menstruación. Polo que che recomendamos que acudas, sen falta, ó teu medico/a para unha valoración e che indique o tratamento máis axeitado.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.