Duda
Ola María, como todos os meses acabei a pastilla o venres 2 de outubro e adóitame baixar sempre os luns , a pastilla tómoa todos os días e sempre á mesma hora entre as 9 -9 e media. Ás veces ao ser unha pastilla tan pequena non a sinto nin baixar pola garganta e faime dubidar se por mala sorte me caería dentro da botella de auga a beber pero sempre as miro e non. Este sábado como na semana de descanso estou cuberta tiven relacións coa miña parella, María ti cres que porque todos os meses me baixa o luns e agora este luns aínda non me de baixado sexa un motivo para estar embarazada?
05-10-2015
Se a toma da píldora é correcta, todos os días a mesma hora como indicas que xa fas e non houbo nin diarreas nin vómitos nas tres horas posteriores non hai risco de embarazo, teñas as relacións sexuais na semana de descanso ou en calquera outra, a píldora protexe durante todo o ciclo menstrual.
En canto á regra pode ocorrer que exista en retraso, xa que aínda que soe baixar os mesmos días non ten por que ser o mesmo día, como tamén pode mudar a cantidade de fluxo menstrual. Se levas pouco tempo tomando a píldora pode ser que como o teu corpo se está acostumando ós estróxenos, os primeiros meses é normal que se produzan desaxustes.
Se aínda así, segues preocupada podes realizar un test de embarazo e así estarás máis segura e tranquila, máis por que te tranquilices que por que haxa motivos de preocupación.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.