Tema distinto
Ola María, son unha rapaza de 18 anos que vai repetir segundo de bacharelato. Eu quería estudar enfermería pero este ano non foi moi bo tanto a nivel persoal como académico e é a primeira vez que repito e a primeira vez que vou con algunha asignatura para setembro, de primeiro de bacharelato teño de media un 7.4 Eu queira que me dixeras, si puideras, como podo facer pa organizarme este curso para poder sacar unha media de un oito largo, grazas.
05-07-2014
Dar unha resposta á cuestión que planteas por este medio é algo complicado. Por iso sería mellor que viñeras pola asociación para poder orientarche mellor. Estamos na Rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A – entrechán, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Pero mellor é que chames con anterioridade para concertar unha cita nun día e hora concretos, o noso teléfono é 981 87 40 86.
Non te desanimes, capacidade tes de sobra (xa o demostraches), só debes ser constante e xa verás como chegarás moi lonxe, nunca perdas de vista os teus obxectivos.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.