Problema

Ola boas, o meu problema é o seguinte. Esta fin de semana concretamente o día 4 mantiven relacións sen protección ca miña parella, en teoría iamos usar a marcha atrás, pero entre unhas cousas e outras … O meu primeiro día de regra foi o 24 de marzo, e duroume 3 días. Gustaríame saber si podería ter algunha probabilidade que me cadrara mentres ovulaba, e si existe un risco moi alto de embarazo. Teño 19 anos e agora un fillo non e o mellor momento.

05-04-2016

A ovulación soe ser ós 10-15 días dende a regra, así pode ser que estiveras ovulando pero a única maneira de sabelo é mediante técnicas específicas.

Existe unha alta probabilidade de embarazo, xa que tivechedes unha relación con penetración sen protección. Polo que unha posibilidade sería empregar a píldora día despois.

Esta débese toar dentro das primeiras 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é. A día de hoxe aínda estarías do prazo.

Se transcorren máis de 72 horas non a empregues, senón que deberías acudir ao teu centro de saúde, para que persoal cualificado asesóreche e poidas valorar as posibles opcións.

É aconsellable que comas antes de tomar a pastilla, xa que contribúe a reducir os posibles efectos secundarios que poden darse. Se vomitas durante as dúas horas seguintes á inxestión da pastilla, necesita repetir á toma canto antes. Se vomitas despois de tres horas de tomar o comprimido, non te preocupes, a medicación xa che fixo efecto.

Nos días posteriores á toma é posible que apareza un sangrado vaxinal. Tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación. Tras isto, sería moi recomendable que acudiras a unha revisión xinecolóxica para realizar un control, e recibir asesoramento sobre método anticonceptivos. Se non se presenta a menstruación na data esperada debes acudir de novo ao teu médico para realizar un test de embarazo..

Os efectos secundarios son pouco frecuentes, débiles e desaparecen rapidamente. Poden aparecer náuseas, dores de cabeza e desaxustes menstruais.

Debedes ter en conta que a marcha atrás non é un método anticonceptivo porque é moi difícil controlar en que momento vaise a producir a exaculación e porque antes desta salgue do pene o líquido preseminal, que tamén conteñen espermatozoides e que pode producir un embarazo. Ademais, a marcha atrás dificulta gozar das relacións sexuais ó ter que estar pendente constantemente da exaculación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.