Duda
Levo bastante anos ca píldora anticonceptiva e algún mes non me baixa, por exemplo nesta ocasión o mes de xaneiro non me baixou, e agora estou na semana de descanso e a ver que ocorre, en casa de non baixarme tería que preocuparme? Eu tómoa ben ademais o meu medo e si ao non baixarme en dous meses quere decir que a regla non me vai volver, son algo hipocondríaca..
05-02-2020
Ola antes de nada perdoa pola tardanza.
Un dos efectos secundarios máis habituais da píldora anticonceptiva, incluso facendo un uso adecuado da mesma, é que o período se pode ausentar. Cambian os sangrados menstruais, tanto na súa cantidade (xa que se reduce e pode non aparecer); como no seu aspecto (ten unha cor máis escura).
Ademais o ciclo é algo máis variable o cal quere dicir, que un mes podes ter un sangrado e o seguinte non. Polo que non hai motivos para alarmarse.
Ó mesmo tempo, tamén debes ter en conta que a menstruación pode verse afectada por outros factores como o estrés, alimentación, viaxes.
Pero se segues preocupada é recomendable que pidas unha cita e fagas unha revisión xinecolóxica a cal che axudará a saber o teu estado de saúde e valorar co especialista un posible cambio da píldora anticonceptiva.
Agardamos que as túas dúbidas queden resoltas, e se necesitas aclarar algo máis non dubides en contactar de novo con nós.