Embarazo

Facendo hoxe venres 5, 12 dias dunha relacion de risco ( sen condon e exaculando dentro) faltando ainda 2 semanas para ter a regra podome facer agora o test de embarazo ou teño k esperar a que me toque ter a regra para que de un resultado fiable?

05-02-2016

Para que sexa totalmente fiable recomendase que se faga a proba de embarazo trala primeira falta. Aínda que hai determinadas marcas comercias que teñen probas de alta sensibilidade e que poden detectar nos ouriños a hormona gonadatropina coriónica hunama con anterioridade. Esta hormona é producida polo noso organismo cando quedamos embarazadas e chega a nosa sangue entre sete e nove días despois da concepción, e vai aumentando os seus niveis cada día. Algunhas probas poden detectala ós 15 días da concepción así que poderías facer unha proba agora.

Como norma xeral, se o resultado é positivo a marxe de erro é moi pequena, sen embargo se é negativo pode existir marxe de erro polo que se debería volver a repetila cinco ou sete días máis tarde.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas