Cando che vacinan pregúntanche si es virxe?

04-12-2013

Iso vai depender do profesional que che atenda.

Poden preguntarche se tiveches relacións sexuais por se hai posibilidade de contraeras algún dos tipos de virus responsables do cancro de útero, xa que a vacina adminístrase para unha protección eficaz dos catro tipos de virus responsables da maior parte das enfermidades asociadas ó virus do papiloma humano (VPH) e está indicada para inmunizar ás adolescentes de 9 a 15 anos e adultas de 16 a 26 anos.

O VPH é un virus común que se propaga a través do contacto sexual. Hai moitos tipos diferentes de este virus e moitos deles non causan problemas. Sen embargo, hai catro que poden levar a que se presente: cancro no colo do útero, verrugas xenitais (en homes e mulleres) e cancro de pene.

A vacina é preventiva é, polo tanto, non representa un tratamento contra o cancro. A súa efectividade demostrouse en mulleres que non estiveron expostas a ningún dos tipos de VPH, por este motivo recoméndase vacinar ás rapazas antes da súa primeira relación sexual. Sen embargo, se a muller estivo exposta a algún dos catro tipos de virus a vacina protexeraa de aquel que non a infectara. Tamén, hai que ter en conta que, se unha persoa que contrae o VPH non significa que acabe tendo cancro, pero si que ten maiores probabilidades de contraelo nun futuro.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.