Este mes sí

María son a do outro día que che comentaba que o mes pasado non manchar, pois este si pouco pero si. Pero agora o que me preocupa é que teño como molestias á hora de facer pis e como que teño seguido ganas de ir ao baño, esas molestias ao facer pis non quererá dicir que teño infección de orina por embarazo? Xa me imaxino tantas cousas.. :(

04-11-2015

Deberías relaxarte e deixar de buscar síntomas de embarazo, xa que fixeches dúas probas e ambas deron negativas.

En canto a regra na semana da descanso, xa che comentei que pode ocorrer que este non pareza, pero non significa que exista embarazo, xa que as hormonas da píldora mudan o ciclo menstrual, de tal xeito que este diminúe en cantidade, muda de aspecto e mesmo pode chegar a desaparecer. Os estróxenos o que fan é que na semana de descanso haxa un sangrado por deprivación, xa que estes reducen certas hormonas naturais do organismo, evitando a madurez do óvulo, xa que sen el non é posible que exista a fecundación.

Se non estás segura de eficacia da píldora e che preocupa poderías empregar o que se denomina dobre método, que consiste no uso simultáneo dun método anticonceptivo de alta eficacia e o preservativo (masculino ou feminino). Con isto conseguimos a prevención dun embarazo no desexado e tamén unha una elevada protección fronte a Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) e SIDA. Considéranse métodos anticonceptivos altamente eficaces:

- Métodos hormonais: píldora, parche, anel, implante subdérmico e anticonceptivo inxectable.

- Dispositivos Intrauterinos (DIU): DIU hormonal e de cobre

En canto, as molestias pode ser unha infección de ouriños que é algo común e non é síntoma de embarazo (aínda que neste se poida producir) deberías acudir ó teu médico de cabeceira para unha valoración e che dea o tratamento axeitado.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.