As cachimbas con xelatinas de sabores sen nicotina son dañinas para o organismo?
As cachimbas con xelatinas de sabores sen nicotina son dañinas para o organismo?
04-06-2018
Existen opinións varias sobre os efectos. En calquera caso sempre será máis sá para o noso organismo non introducir axentes externos nas vías respiratorias a maiores dos que habitualmente respiramos.
Existen estudios que indican que o vapeo/inhalación fai que as vías respiratorias sexan máis vulnerables ás bacterias que de adhiren ás células que recobren ás vías respiratorias. Polo que, o vapor parece axudar ás bacterias que causan a pneumonía, por exemplo.
Algunhas xelatinass si que conteñen tabaco, aínda que sexa unha cantidade pequena. E cando se fuma a tabaco a través desta vía lembrar que este contén máis nicotina, alcatrán e metais pesados que os cigarros convencionais. En canto ó fume tamén ten unha maior concentración de monóxido de carbono. Os riscos aumentarían se ademais se mesturan outro tipo de sustancias, como marihuna, alcohol, … estas combinacións teñen perigos indubidables para a saúde.
Tamén estaría o tema de compartir a boquilla, no caso de que se faga xa que aumenta os riscos de transmisión de enfermidades como a tuberculose, hepatite C ou herpes.