Fumo desde fai bastante pero agora, non sei porque, fumo un cigarro o un porro pero só un e xa me encontro mal, dóeme a barriga e teño ganas de vomitar e iso débese a?
04-04-2013
As sustancias que compoñen un cigarro e un porro teñen compoñentes tóxicos que afectan a diversas funcións do noso organismo. Entre as que afecta está a función dixestiva, xa que a nicotina aumenta a secreción dos ácidos gástricos o que provoca dificultades estomacais e incluso poden chegar a provocar gastrite e úlceras. Ademais ambos teñen efectos broncolodilatadores o que potencian a absorción das sustancias tóxicas que conteñen.
Así que, tras un consumo continuado de ambas sustancias poden aparecer efectos secundarios que antes non tiñas, xa que os efectos nocivos do tabaco e do cannabis aparecen a medio e longo prazo.
Sería recomendable que acudirás o teu medico/a de cabeceira para que se realizara unha exploración e que indicara un tratamento específico a seguir e mesmo axudarche a deixar o hábito tabáquico.
A continuación deixámosche máis información sobre o tabaco e o cannabis.
Efectos e riscos do tabaco:
No fume dun cigarro identificáronse arredor de 4.000 compoñentes tóxicos, de entre os cales os máis importantes son: nicotina, alcatráns, irritantes e monóxido de carbono. Estes actúan sobre:
- A función cardiovascular: o tabaco aumenta a presión arterial, acelera o ritmo cardíaco e deteriora as arterias. Os riscos coronarios e as mortes por infarto de miocardio son dúas veces máis elevadas entre os fumadores/as que entre o non fumadores/as. Estes riscos vasculares afectan tamén ás arterias do cerebro e dos membros inferiores. O tabaco ten efectos nocivos sobre o embarazo (parto prematuro, peso inferior ao nacer).
- A función respiratoria: os fumadores exponse a trastornos de todo o aparello respiratorio, incluíndo cancro de pulmón.
- A función dixestiva: a nicotina aumenta a secreción dos ácidos gástricos e actúa sobre o sistema nervioso central.
- O tabaco limita o achegue de osíxeno ao cerebro e aos músculos. é responsable de dores de cabeza, vertixes e diminución da resistencia cando se practica algún exercicio.
- Do conxunto dos cancros, un de cada catro esta asociado ao tabaco. O tabaco pode causar cancro dos bronquios, o pulmón, a cavidade bucal, o esófago, a vexiga, o colo do útero e o estómago.
Efectos e riscos do cannabis:
- O feito de fumarse sen filtro, aspirando profundamente o fume, reténdoo nos pulmóns e apurándoo ata o final, favorece enfermidades como a bronquite crónica, o enfisema pulmonar ou o cancro de pulmón. Ademais, o seu efecto broncodilatador potencia a absorción de sustancias tóxicas.
- Altera o sistema cardio-circulatorio, provocando taquicardia, polo que as persoas con hipertensión ou insuficiencia cardíaca poden sufrir un empeoramento da súa sintomatoloxía.
- Existen datos que indican que podería haber un aumento da incidencia de depresións e psicoses polo consumo crónico desta sustancia.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.