Duda
Ola María, xa levo mais de dous anos tomando a píldora anticonceptiva, e ás veces nos días de descanso cando me ten que vir a regra non manchaba nada ou si manchaba era unha manchiña de nada marrón e listo.
Xa fai tempo que me esta vindo normal a regra hasta o mes pasado que tiven unha manchiña de nada e este mes non manchei nada, eu aínda así preocúpome por si teño algo mal nos ovarios ou así porque embarazo sei que no porque este mes a miña parella esta no mar. E agora outra pregunta si quero descansar de tomar a pastilla anticonceptiva é mellor que llo diga antes de facelo a xinecóloga?
03-10-2017
Un dos efectos secundarios máis habituais da píldora anticonceptiva é que muda os sangrados mentruais, tanto na cantidade (redúcese e mesmo pode non aparecer) como no seu aspecto (volvese de cor máis escura) e ademais é algo variable, é dicir, que un mes podes ter sangrado e o seguinte non., así que non tes motivos para preocuparte. Ademais a menstruación tamén pode verse afectada por outros factores como estrés, alimentación, …
Pero se estás preocupada podes pedir cita e facer unha revisión e podes saber o teu estado de saúde e o mellor valorar o cambio de píldora anticonceptiva. Tamén podes aproveitar a revisión para comentarlle o do descanso na toma da píldora, aínda que non é necesario. É importante que teñas en conta que se fas o descanso debes empregar outro método anticonceptivo nas túas relacións sexuais.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.