Importante.

Ola María, pois eu quería dicirche que levo un par de días preocupada porque me vexo barriga, eu estou tomando a píldora e o tomo todos os días á mesma hora, pero o mes pasado estiven con antibiótico e acabei a píldora antes que o antibiótico, é dicir, a pastilla acabeina o mércores e o antibiótico o venres mais ou menos e houbo a semana de descanso. Empecei a pastilla este mes un xoves e tiven relacións á segunda pastilla tomada. Véxome barriga, non sei se estou obsesionada ou non sei, quédanme 6 pastillas para acabar a caixa deste mes e xa teño os peitos un pouco inchados, eu creo que son cousas miñas pero necesito quitarmo da cabeza porque ando seguido a mirar a barriga.

03-07-2014

Aínda que a toma de toma dos antibióticos pode reducir a eficacia da píldora, non significa que non sexa efectiva nunha alta porcentaxe, así que as posibilidades de embarazo son moi (moi) pequenas.

En canto ós síntomas que estas a percibir no teu corpo con indicadores dun posible embarazo poden ser debidos a diversas causas, pero a máis probable é que son dos efectos secundarios máis frecuentes da píldora anticonceptiva, xa que an algunha mulleres provoca unha maiar sensibilidade nas mamas e aumento de peso.

Ademais os síntomas dun embarazo xeralmente non se comezan a sentir ata o primeiro retraso na regra ou ata unha ou dúas semanas despois.

Deberías relaxarte, non tes motivos para estar preocupada. De todos os xeitos, para estar máis tranquila podes facer unha proba de embrazo e así tes a certeza de que non estás embarazada.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.