Estou tola por querer ter un fillo con 18 anos?.

María acudo a ti por que sei que se lle conto a outra persoa xulgaríame e chamaríame tola. Grazas.

03-07-2013

Antes de nada, grazas por confiar en nós. Ser nai é unha decisión persoal, trátase do teu corpo, da túa vida e non ten nada que ver coa saúde mental.

Pero sería importante que compartirás con outras persoas próximas a ti este momento; permítelles demostrarche o seu apoio. Pensa en que persoas coma a túa parella, o teu pai ou nai, os/as teus irmáns, os/as amigos, … poden escoitarche e axudarche. Pode que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría pero falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir van a axudarche e apoiarche no que necesites e non terás que enfrontarte soa a unha situación así.

Se xa confirmaches o embarazo tes que decidir se queres levalo a cabo ou non, a decisión terá que basearse na túa situación e circunstancias persoais. Debes pedir axuda canto antes por que, aínda que debe ser unha decisión meditada, non deixes pasar moito tempo, tanto de queres seguir adiante co embarazo coma se decides interrompelo.

No caso de seguir adiante co embarazo pon todo o que estea na túa man para afrontar este importante cambio: realiza un bo seguimento do embarazo (debes acudir ó teu centro de saúde para que dende o comezo realices un control axeitado) , fai preparación parto, educación maternal, busca información sobre o coidado de recén nado, etc.

Se decides interrompelo, aínda que non debes tomar decisións precipitadas, é necesario que o decidas pronto e acudiras ó teu médico/a para que che proporcione a información máis concreta e poidas realizar os exames médicos correspondentes.

Podes falar con nós directamente, para iso podes acercarte ou chamarnos ó noso local ó teléfono: 981 87 40 86 en horario de mañá ou deixarnos unha mensaxe no contestador ou no correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org) e logo chamámoste nós, sempre garantindo teu anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.