Ca mesturacion pódense ter relacións sexuais ou non?.
03-05-2010
Non hai ningún motivo relacionado ca saúde que impida ter relacións sexuais durante a menstruación.
Depende, máis ben, das circunstancias e valoracións de quen vaian mantelas: se teñen ganas e non lles supón ningún tipo de problema, ¿por que non?.
Ademais as relacións sexuais contribúen a aliviar as molestias que poidan darse durante a menstruación.
En canto ó risco de embarazo, calquera día do mes no que se manteña unha relación, aínda que sexa unha soa relación con penetración sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.