Como se poden calcular os días fértiles de cada muller?

03-05-2010

Cando nos referimos ós días fértiles estamos a falar no monento do ciclo menstrual que no que existe maior probabilidade de embarazo, a ovulación, se se manteñen relaciósn sexuais sen protección, por exemplo sen preservativo.

Para calculalos exsisten varios métodos, algúns son:

  • Oxino (método do ritmo ou calendario): se o noso ciclo menstrual é moi regular pódense calcular contando de 12 a 14 días dende o primeiro día da última regra. Pero, en ocasións nas relacións coitais con penetración poden producirse ovulacións espontáneas, pólo que existirían más días fértiles dos previstos. Ademais se os ciclos son irregulares, isto é moito máis difícil de planificar.
  • Billings (método do moco cervical): basease nos cambios que ten o moco do colo do útero nas distintas fases do ciclo: cando hai regra ou non hai moco na vaxina son días non fértiles e cando o hai (días de moco) son días fértiles. Este método precisa de aprendizaxe para coñecer ben o corpo, e adestramento para saber avaliar o moco.
  • Temperatura basal (ou sintótermico): consiste en medir a temperatura corporal diaria e escrupulosamente, sempre á mesma hora, durante varios meses, e ila anotando. Suponse que, deste xeito, a muller remata por saber cando ovula... pero só se supón, porque aínda en mulleres cos ciclos moi regulares só detecta un 62% das ovulacións.
  • Mela: indicado para mulleres lactantes nos primeiros seis meses. Ten unha eficacia aceptable sempre que se cumpra rigorosamente: se empregue os seis primeiros meses despois do parto, que haxa unha ausencia de menstruación e que se alimente o/a bebe exclusivamente co peito.

Estes métodos son máis seguros para conseguir un embarazo que para evitalo. É importante que teñas en conta que son moi pouco fiables, xa que teñen unha porcentaje de fallos de ata un 40 %. En calquera momento do ciclo menstrual podemos estar ovulando, mesmo durante a regra, xa que este pódese ver afectado por múltiples circunstancias (estrés, cambios na alimentación,..), sendo moi dificil saber cando estamos a ovular, sobre todo en rapazas novas onde os ciclos son moi irregulares.

En canto ó risco de embarazo, calquera día do mes no que se manteña unha relación, aínda que sexa unha soa relación con penetración sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada. Por tanto, é importante que sempre, en todas as relacións sexuais con penetración, independentemente do momento do mes, empregues algún método anticonceptivo. Lembra, que o preservativo é o único método que non prevén de ITS, VIH-SIDA e de embarazo non desexado.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.