Lei do aborto
¿De ser aprobada, que cambios haberá con respecto ó aborto?
03-04-2014
O Goberno ven de aprobar recentemente o anteproxecto que limita os supostos nos que se poderá abortar a dous: violación nas 12 primeiras semanas e risco para a saúde física e psíquica da nai dentro das 22 primeiras semanas.
Esta nova lexislación recibe o nome de “Lei de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada”, e substituirá á anterior normativa de 2010 que estaba baseada en “prazos”.
Algúns dos cambios desta nova lexislación son:
- Eliminar as malformacións do feto como suposto e esixir dous informes de dous médicos distintos (no canto dun) para demostrar que o risco para a muller.
- Eliminar o aborto libre nas 14 primeiras semanas que contempla a actual lei. Ademais a muller embarazada terá sete días en lugar de tres para reflexionar antes de decidir se finalmente aborta e deberá recibir información sobre axudas á maternidade.
- Regular a obxección de conciencia dos profesionais sanitarios, que poderán alegar as súas obxeccións para non practicar interrupcións de embarazos.
- En canto as menores de idade terán que tomar a decisión de abortar “amparadas polos seus proxenitores”.
- Prohibir a publicidade dos centros médicos ou dos procedementos para interromper voluntariamente o embarazo.
En canto os supostos nos que a nova lei do aborto permitirá abortar, nesta nova lei redúcense de tres a dous:
- Violación: a violación terá que ser denunciada antes e solicitar a interrupción do embarazo nas 12 primeiras semanas de xestación.
- Grave risco para a saúde física ou psíquica da muller: no suposto de riscos para a saúde da muller, os límites e condicións requiren de informes sobre a muller e sobre o feto, se este padece algunha anomalía fetal incompatible coa vida. As anomalías fetais incompatibles coa vida son as que se asocian coa morte do feto. Neste suposto poderase abortar até a semana 22.
Despois da semana 22 só se poderá abortar cando haxa risco vital para a nai ou cando exista risco psicolóxico por unha anomalía fetal incompatible coa vida que non se detectou antes.
No resto de casos, cando exista risco para a saúde da nai practicarase un parto inducido a partir da semana 22, xa que se entende que a partir desta data o feto pode ser viable.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.