Pódese manter relacións sexuais durante o período?. Cando hai máis risco de embarazo antes ou despois da menstruación?.

02-12-2009

Non hai ningún motivo relacionado ca saúde que impida ter relacións sexuais durante a menstruación. Depende, máis ben, das circunstancias e valoracións de quen vaian mantelas: se teñen ganas e non lles supón ningún tipo de problema, ¿por que non?. Ademais as relacións sexuais contribúen a aliviar as molestias que poidan darse durante a menstruación.

Ciclo menstrual da mullerEn canto ó risco de embarazo, calquera día do mes no que se manteña unha relación, aínda que sexa unha soa, con penetración sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada.

En teoría, se unha moza soubese exactamente cando está ovulando (momento no que o óvulo pode ser fecundado por un espermatozoide), podería non ter relacións sexuais eses días e evitar o embarazo. Pero iso é case imposible, xa que mesmo durante a regra, pode estar ovulando, sobre todo en rapazas novas onde os ciclos non son moi regulares e poden cambiar por múltiples factores (estres, cambios na alimentación ,...).

Por tanto, é importante que sempre, en todas as relacións sexuais con penetración, independentemente do momento do mes, empregues algún método anticonceptivo. Lembra, que o preservativo é o único método que non prevén de ITS, VIH-SIDA e de embarazo non desexado.