Importante
Ola María, son a que che comentei que estou tomando a píldora e no mes de outubro non me baixou e fixen unha proba e doume negativo. Este venres acabei a caixa e para asegurarme volvín a facer unha proba e volveume a dar negativo, si en novembro non mancho nada é normal tomando as pastillas ben? E que xa fixen 2 probas e as dúas déronme negativas.
02-11-2015
Como xa che comentei anteriormente pode que sexas moi sensible ós estróxenos da píldora o que fai que non teñas sangrado na semana de descanso. Así que, non te preocupes senón che baixa a regra, é normal, ademais xa fixeches dúas probas de embarazo. Lembra que a píldora ten unha efectividade de entre o 95 % e 97 % cando se toma correctamente.
De todos os xeitos, se non ter a regra é un tema que che preocupa podes pedir acudir facer unha revisión co teu médico/a.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.