A rotura do hime na primeira relación doe?
02-07-2010
É unha crenza bastante estendida que a primeira vez que se manteñen relacións sexuais con penetración doe, debido a que tradicionalmente se asociaba esta primeira experiencia coa rotura do hime.
Debes saber que o hime é unha membrana moi fina e flexible que “pecha” parcialmente o orificio vaxinal que varía tanto en tamaño como en forma e pode ocorrer que algunhas mulleres non naceran con el. Esta membrana pode romper na primeira relación sexual ou estar tan perforada que non rompe ca penetración ou romper con anterioridade (practicando algún deporte ou por algún golpe na zona vaxinal).
A dor normalmente provén do medo, o descoñecemento e da falta de información. Se ó manter unha relación sexual con penetración a rapaza está nerviosa, os músculos da vaxina estarán contraídos e poden dificultar a penetración, ademais se non se sente a gusto e excitada, os labios menores segregarán menos fluxo vaxinal o que tamén dificulta a penetración. Canta mais confianza e comodidade se ten a parella, máis relaxada estará e así os músculos da vaxina dilataranse.
No caso que apareza algunha dor a rapaza debería comunicarllo á parella, para entre os dous conseguir unha boa excitación e que así os músculos da vaxina se dilaten. Unha forma de conseguilo e relaxarse, deixarse levar pólas sensacións e o pracer (que non só nolo dá a penetración), xogar ca parella. Todo o noso corpo nos pode procurar pracer.
O sexo non debe reducirse só o coito, e moito menos debe ser o primeiro acercamento o sexo que se teña. A relación con penetración é unha forma máis de comunicación sexual e afectiva da parella, pero nin é a máis importante nin a única, ni é recomendable que sexa a primeira.
Tamén é fundamental sentir liberdade para elixir o momento e a persoa coa que o queres facer. A dor tamén pode indicar que o estás facendo por presión, temor a perder á parella, ou por “encaixar” co que fan o grupo de amigas/os. En todo caso pensa que as molestias irán desaparecendo nas seguintes relacións, e en canto te sintas relaxada e cómoda.
Algo importante que debes ter en conta é que si na primeira vez vai a haber penetración, debes utilizar algún método anticonceptivo (oral ou métodos de barreira) pois non é certa a crenza popular de que non se pode quedar embarazada durante a primeira relación sexual.
Como ademais de embarazos non desexados tamén é importante a prevención de infeccións de transmisión sexual, o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.