sangrado

Ola María, acabo de levantarme e dinme de conta de que sangrara coml si me baixara a regla (pero era pouca cantidade). O que pasa e que fai unha semana e media que a tiven. Teño 16 anos e xa esta regulada, asi que non creo que sexa que este mes se me adiantou tanto. A semana pasada tamen houbo un accidente co preservativo, pero á hora despois tomei a pildora do dia despois. De que pode ser o sangrado? Non teño dor tampouco

02-05-2016

O sangrado pode ser debido á toma da píldora do día despois, xa que un dos efectos secundarios é cambios no ciclo menstrual, polo que pode aparecer sangrado nos días posteriores como che ocorreu a ti. Non te preocupes é normal. O seguinte período debería virche na data esperada.

Trala toma da píldora do día despois debes continuar co teu método anticonceptivo habitual, xa a píldora do día despois non evita que te quedes embarazada en futuras relación sexuais, se tomas anticonceptivos orais continúa co tratamento habitual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.