Teño graniños brancos na base do anel do glande. Que pode ser?

02-04-2014

Lamentablemente non podemos darche unha resposta a cuestión que plantexas, xa que somos psicólogas e este tema queda fora do noso ámbito profesional. Polo que che recomendamos que acudas a teu médico/a de cabeceira para que che faga unha valoración.

Ademais ca información que das é difícil saber que tipo de grans poden ser. Para a túa tranquilidade, se non presentas outros síntomas como enrroxecemento, inflamación, picor, ardor, dor, …. que poden indicar a presenza dunha infección (e non ten por que ser sexual) senón que se se trata dunha aparición illada pode ser algo normal e non indicativo dunha enfermidade, como poden aparecer noutra parte do corpo. Aínda que fora este o caso, para certificar con seguridade o que che pasa, insistimos en que é necesario que sexan vistos polo eu médico/a para que che realice unha exploraciión e che indique, se é necesario, o tratamento oportuno.

Sería recomendable que usarás protección nas túas relacións sexuais, por se se trata dunha infección e evitar a transmisión a outras persoas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.