Regra

Ola María, quería saber que significa estar na metade do ciclo menstrual a regra veume o dia 15 de marzo estaría na metade do ciclo neste momento?.

02-04-2014

Cando se fala de ovulación, quere dicir, que ó ovulo maduro está na Trompa de Falopio e pode ser fecundado por un espermatozoide e é, polo tanto, cando existe risco de embarazo se hai relacións sexuais sen protección. Pero, os ciclos menstruais non sempre son regulares, sobre todo en rapazas novas onde os ciclos non son moi regulares e poden cambiar por múltiples factores (estres, cambios na alimentación ,...).

A modo orientativo podemos saber os días fértiles seguindo este diagrama. Se tiveches a regra o día 15 de marzo e a tiveches 5 días os días fértiles serían do 25 o 30 de marzo. Pero, insisto, isto é a modo orientativo, xa que os métodos que se empregan son máis seguros para conseguir un embarazo que para evitalo. Son pouco fiables, xa que teñen unha porcentaje de fallos de ata un 40 %, se se empregan sós.

Ciclo menstrual da muller

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.