pilula do dia despois

Teño entendido que só se poden tomar dúas ao ano, iso é certo?

02-04-2014

En canto ó número de veces que se pode tomar a pílula postcoital, existen diversos estudos que indican que non existe un “limite” na toma da mesma. De todos os xeitos, son estudos feitos polas propias compañías farmacéuticas, así que non son totalmente obxectivos. Pero tampouco existen ningún dato que indique un número máximo nun período de tempo. Polo que en principio non existe ese límite e ademais, tomar varias non implica que nas seguintes baixe a efectividade da pílula.

O único que si din os expertos/as é que non debemos usala como método anticonceptivo habitual, para iso xa temos a pílula anticonceptiva diaria, xa que e unha descarga hormonal forte que non a todas mulleres lle senta igual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.