Dúbida de embarazo

Mantendo relacións ca miña parella rompeu o preservativo e aínda non exaculara dentro e tan pronto rompeu retirei para fora. Ela tivo a regra fai dúas ou tres semanas mais ou menos. Tomando a pílula do dia despois poderá quedar embarazada?. Contestade rápido, por favor ;(

02-04-2014

En canto ó ciclo menstrual, para saber se no momento da relación estaba ovulando habería que coñecer se ten as regas regulares e o tempo exacto no que a tivo. Se son regulares calculase que entre o día 10 e 15 despois da regra e cando se produce a ovulación. Pero, isto é a modo orientativo, para sabelo con exactitude existen métodos médicos específicos.

En relación á eficacia da pílula do día despois vai depender depende do momento do ciclo menstrual no que se atope a muller (que neste casose fai tres semanas o máis probable é que nos estea ovulando) e do lapso de tempo dende a práctica sexual ata a súa toma.

Débese tomar dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é (a eficacia nas primeiras 24 horas está entre un 75% e un 95 % e esta diminúe un 0.5% cada 12 horas). Tamén hai que ter en conta se se tomou correctamente, é dicir, se hai diarreas ou vómitos nas dúas horas posteriores á toma da pílula, débese tomar outra.

Deberiades revisar o uso que facedes do preservativo para que a situación que comentas non vos volva ocorrer. Os pasos a seguir á hora de empregar o preservativo masculino son:

• Abrir o preservativo con coidado de non danalo con uñas, aneis e dentes.

• Antes de colocalo, comprobar se o preservativo está ó dereito ou ó revés (isto pódese facer soprando un pouco dentro do preservativo para ver cara a que lado o temos que desenrolar).

• Colocar o preservativo sobre o pene en erección, antes de calquera penetración vaxinal, anal ou oral.

• Premer a punta do depósito do preservativo para expulsar o aire e deixar espazo para o seme.

• Usalo durante toda a penetración. É aconsellable lubricar o preservativo unha vez posto para facilitar a penetración. Moitos xa veñen co lubricante incorporado, pero se non é suficiente pódense comprar nas farmacias, tendo en conta que sexan solubles en auga, xa que os aceites poden estragar o látex do preservativo.

• Despois de exacular, antes de que a erección diminúa, hai que retirar o pene suxeitando o preservativo pola base.

• Comprobar que non se rompeu (enchéndoo de auga ou premendo o depósito), facelle un nó e tiralo ó lixo, nunca ó WC nin á rúa (hai que ter en conta que os preservativos non son biodegradables).

• Usar un novo cada vez que se manteña unha relación sexual e se se cambia de práctica sexual (penetración vaxinal, anal ou oral).

Volvo a repetilo, e pido desculpas senón é así, se sodes os rapaces que fixeron as preguntas durante o día de onte podedes chamar a asociación (o anonimato está garantido) ó teléfono: 981 87 40 86 de 9:00 a 14:00 horas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.