Non sei o que me pasa dende xaneiro que tiven a miña primeira vez ata febreiro
En xaneiro tiven a miña primeira vez con protección. Dende aí non me baixou a regra e con iso teño dores de barriga moi agudos, con dores de espalda e moi cansada. O luns fíxeno co meu mozo e cando cheguei a casa tiven unha pequena perdida. Non sei o que pasa, podería ser grave?
02-03-2011
A falta de menstruación pode ter múltiples causas, non só por un embarazo non desexado, xa que os ciclos menstruais poden ser irregulares, sobre todo en rapazas novas. Poden verse afectados por múltiples factores: cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade,...
Aínda que a primeira vez empregaras protección pode existir risco de embarazo se non se empregou de xeito correcto; lembra que o preservativo hai que empregalo durante toda a penetración. Para estra máis segura deberías facer unha proba de embarazo: pódela facer no teu médico/a de familia, comprando un test na farmacia ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).
Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero ( un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e cegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estimase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.
En canto as molestias físicas das que falas poden ter múltiples causas, mesmo poden ser por ansiedade e tensión muscular, pero isto só son posibilidades, mellor é que te acerques ata o teu médico/a de cabeceira ou se che supón incomodade por vergoña,... ó Centro de Planificación Familiar de Santiago.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra (a través da nosa páxina, acercándote o noso local ou por teléfono). Grazas.