Duda

Ola María son a que tiven a infección de ouriños. O xoves 5 comecei co antibiótico e remateino o venres 6, déronme os sobres para dous días solos. Xa pasou unha semana pero aínda así para protexerme usei preservativo. Hoxe utilicei preservativo pero o meu mozo deuse conta e veu que o preservativo tíñao no interior da miña vaxina pero el aínda non se correra pode haber posibilidades de embarazo?.

01-12-2015

Como xa che comentei, cando se toman antibióticos á vez que a píldora anticonceptiva recomendase que os sete días seguintes á toma dos mesmos se empregue un método alternativo, como poder ser o preservativo, xa que o antibiótico pode reducir a eficacia da píldora anticonceptiva.

Aínda que non empregaras preservativo e noutra ocasión quedara dentro, e exista risco dun embarazo non desexado a píldora segue tendo efectividade, pero non tan alta. Entendese que a relación sen preservativo foi antes da toma do antibiótico e a rotura unha semana despois, se é así o risco é moi, moi baixo aínda que non é posible determinalo, por que depende de diversos factores (se houbo exaculación, momento do ciclo menstrual, …). Podes realizar un test de embarazo, pero o vindeiro mes para estar totalmente segura.

En canto, o sangrado menstrual ca toma da píldora este altérase, polo que non apareza é algo normal pero, como che indiquei antes se tes dubidasen canto ó sangrado deberías acudir ó médico/a e facer unha revisión sobre a píldora e comentarlle este tema.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.