¿É certo o que dín de que cando mantés unha relación sexual sen preservativo, ocorre aquelo que antes de chover, chispea, e polo tanto co chispeo hai risco de embarazo?

01-11-2009

Pois están no certo. Iso que chamas "chispeo" é o líquido preseminal. É unha secreción das glándulas de Cowper, producida para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación no home. É coma un líquido transparente e de consistencia viscosa que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación.

O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación, pero non debemos esquencer só fai falla un espermatozoide para que se fecunde un óvulo. Polo tanto, si que existe risco de embarazo se houbo penetración ou contacto deste coa vaxina, se non se empregou axeitadamente un método anticonceptivo.

Grazas por acudirnos a nós e non dúbides en facelo noutra ocasión se tes algunha outra pregunta.