Loette por Linelle ?

Fai uns días estando de vacacións fora da miña cidade comprei a caixa de anticonceptivos Linelle que me tocaba, pero o farmacéutico doume Loette, e non me din conta ata onte, lin o prospecto e teñen principios en común, podo tomar Loette e logo seguir cas miñas?

01-10-2013

As marcas que mencionas teñen os mesmos principios activos (etinilestradriol e levonorxestrel) en nun principio o seu mecanismo de acción son similares. A nosa recomendación é que agora que comezaches a caixa de Loette deberías rematala e logo no seguinte ciclo seguir cas que xa tomabas. Para reducir una posible diminución da eficacia podes empregar na primeira semana un método anticonceptivo alternativo, coma o preservativo, por se existe un desaxuste hormonal ó cambiar de marca.

De todos os xeitos, para máis información deberías a acudir ó teu médico/a de cabeceira e plantexarlle esta situación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.