Preocupación
Cando dixestes unha revisión xinecolóxica por outras causas, a que te refires?. A que podo estar embarazada?
01-09-2014
Ó ter a regra significa que non existe embarazo, xa que o sangrado menstrual é expulsión do óvulo e do endometrio que se forma cada ciclo menstrual para albergar un posible óvulo fecundado.
Cando falo da revisión xinecolóxica é para que valores cun profesional sanitario os síntomas que comentabas, que poden ser os efectos secundarios da toma da píldora anticonceptiva e demais de poder plantexarlle todas as dúbidas que poidas ter sobre o anticonceptivo. E poidas estar máis tranquila. Xa que dende aquí só podemos facerche recomendacións que nunca deben substituír unha consulta médica cando falamos de síntomas físicos e medicacións.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.