Estou no mesmo caso

¿Pero a matronas pódeas receitar igualmente?

01-09-2013

A función da matrona en relación á planificación familiar é de orientación e asesoramento e seguemento dos métodos anticonceptivos. Pode recomendar o método anticonceptivo que mais se axeita á persoa que o solicita. Pero é o/a médico/a quen emite a receita. En moitos casos, a matrona ponse en contacto co/a medico/a de cabeceira directamente para tramitar a receita e que a persoa non teña que acudir á consulta, pero isto vai depender do centro e da mecánica de traballo dos/as profesionais.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.