Duda

Ola María, nestes días de festas e dorna bebín alcol como sei que non diminúe o efecto da píldora si non vomitas pois bebín, pero resulta que venres bebín tomei a píldora ás 9:20 da noite e pola mañá sentía o estómago mareado e vomitei, fun mirar as instrucións e poñía que si ao non pasar entre 3-4 desde que se toma a píldora que se puido botar pa fora, pero e que ese non e o meu caso porque eu tomei a píldora as 9:20 da noite e vomito sobre as 10 da mañá.

01-08-2015

Tal e como indicas na pregunta o risco dos vómitos cando se toma a píldora e ó redor das tres horas seguintes, xa que pode ser expulsada. Ó ser os vómitos case 12 horas despois non reduciría a súa eficacia.

Pero é importante lembrar que a píldora só nos protexe de embarazos non desexados, non de ITS e VIH-SIDA. O preservativo é o único método que nos protexe de ámbalas dúas cousas, embarazos e ITS.

O consumo de alcohol e as relacións sexuais non son un ha boa combinación, xa que o alcohol é unha droga depresora do SNC polo que produce unha diminución da resposta sexual e ademais baixo os seus efectos adóitanse a cometer máis condutas de risco, non protexéndonos de xeito correcto nas relación sexuais.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.