¿A que idade adoita saír seme?

01-06-2012

Durante a puberdade e adolescencia experimentamos importantes cambios que che sitúan ante ti mesmo e os/as demais persoas cun novo corpo é unha nova forma de ser e entender o mundo. É algo universal que lle ocorre a todas as persoas, aínda que cada unha faino ó seu ritmo: todas as persoas somos diferentes.

¿Cando comeza?: As rapazas soen comezar a puberdade entre os 8 e os 13 anos e os rapaces entre os 10 e os 15 anos, aínda que, cada persoa vai ó sei ritmo.

As primeiras exaculacións, entre outros, é un dos cambios físicos que aparecen na puberdade debido ós cambios hormonais que desencadean transformacións en corpo adulto. Outros cambios físicos nos rapaces son:

• Aumenta a estatura, os chamados "estiróns".

• Tamén o peso e a silueta transfórmanse.

• Aparece o vello en zonas onde antes non as había (axilas, xenitais, peito,...).

• Aparecen os grans. O acne pode saír na cara, ombreiros, .... e mellora ou desaparece ó final da adolescencia. Aínda que sexa molesto é sinal de que te estás desenrolando axeitadamente.

• As axilas e os xenitais comezan a desprender un olor característico e forte. É algo natural e todas as persoas o temos.

• A voz cambia, e ás veces, quebra.

• Pode que os peitos crezan (desaparece trala puberdade).

• Crecen os testículos e o pene, que tamén se ensancha.

• Comezan as ereccións, ás veces cando fantasías e pensas en algo e outras veces sen motivo. Pode que algunhas mañás te espertes mollado, o que se soe chamar polución nocturna, xa que mentres durmías exaculaches. É algo normal e que indica que o corpo está a crecer. Pero co tempo soen ser menos frecuentes e interrómpense.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.