Rompeunos o condón
Ola María, ao meu mozo e a min rompeunos o preservativo pero non chegou a segregar dentro o liquido. Eu non tomei a pastilla pero teño medo a quedar embarazada que fago a tomo ou non. Pasaron 24 horas . Contesta rápido por favor, un bico e grazas.
01-04-2014
No día de hoxe un rapaz e unha rapaza fixeron a mesma pregunta e pode ser que sexa o teu mozo e ti, así que resposta vai ser similar (con matizacións).
Como xa comentei o risco de embarazo vai depender de se empregachedes correctamente o preservativo e do momento do ciclo menstrual no que atopes (para máis información consulta as preguntas previas que che comentei).
En canto a tomar ou non a pílula posctoital e unha decisión que debedes tomar entre os dous. Pola situación que comentas e supoñendo que sexades os mesmos que xa preguntarades antes, o risco é moi baixo, xa que non houbo exaculación dentro da vaxina e sobre todo senon estás ma metade do ciclo menstrual (ovulación).
Pero, de todos os xeitos, se queredes estar algo máis tranquilos podedes tomala, iso si, non debedes deixar pasar máis tempo, por que perde eficacia co transcurso das horas.
Se necesitades máis información podedes acercarvos por aquí ou chamarnos ó teléfono: 981 87 40 86 (en horario de 9:00 a 14:00 horas).
No caso de que me equivocara e non sexades os que fixeron antes as preguntas pido desculpas, pero pareceume que si ó ser a mesma situación e o mesmo día.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.